A demolición de Cheltenham House
Como é que un edificio común e funcional se convirte en curiosidade e suxeito de fotógrafos, pintores, xornalistas e mil conversacións no momento da súa destrucción? Coma se fose velada de cadáver, cada quen ven presentar os sus respectos, animados polo cambio de ambiente. Despois, cando chegan os guindastres e maquinaria para crebar andares, sentimos aquel poder inmenso remodelando a paisaxe.
No Reino Unido de hoxe, estamos moi afortunadamente acostumados á paz, á continuidade, e somos moi respetuosos coa nosa historia. Polo tanto, a destrucción dun edificio séntese antinatural, porque demostra, de maneira tan brutal, que as cousas non sempre perduran. Recordaríanos, quizais, a nosa propia mortalidade? E onde irá tanto betón agora? Por moi feo que sexa, cada edificio é unha fonte de memorias, un punto de referencia na vidia cotiá. Quen sabe qué dramas aconteceron aí dentro no pasado, naqueles lugares de traballo e de encontro, nas salas de espera que xa non están. Nalgún tempo teremos outro edificio no seu lugar, outra cara máis aceptable para unha cidade renovada.