David Robinson Artist

Director de relacións harmonicas

 
A miña paleta de cores
Voces altas e ben baixiñas
Aquelas como Alizarina Carmesí que mesturan con sutilidade, intervindo suavemente
E aquelas como Ftalo Azul que prestan forza, cambio maior
Claro e oscuro, sintético ou máis da terra
A cada pigmento a súa personalidade
Chegar a coñecelos cada un
E a súa interacción cos demais
Como secan, como os empregar
Ese o reto do papel

O luns dia 28 de mañá



Aquela mañá o dia comezou ben distinto
Era un luns festivo, a lúa chea
Sentíase ambiente polo ar

Mentres camiñaba pola nosa rúa
Botei unha olhada na calella
De pe contra o muro, había un rapaz
Tiña a cabeza para abaixo, durmia verticalmente

Cara á tenda TKMaxx pasaron silenciosamente dous coches da Policia
Ao achegarme logo a ponte baixa
Encontrei a animación da noite
Os pándegos que animaban a festa, ou quizáis voltaban á casa

O meu vello sitio preferido é debaixo dunha lámpada
Arránxeime, e sentín o compás dunha música asiática
Viña dun coche aparcado moi perto
Pasou por diante un ciclista indo á quenda
‘Pintas? Hora de durmir’

Mesmo o canto dos aves soaba forzado, grullido
O meu debuxo estaba torcido, pero persistín
Múltiples tonalidades, ducias de pinceis
Utilízoos, e logo cambio con cada cor

Tiña comezado o segundo cadro
O azul claro para o amencer
Cando se apagaron as lámpadas – game over
Era a hora de voltar, xa se foi o punto focal para hoxe

Bebín un trago de té do frasco
Esquecín mirar o horario da tenda que ía pintando
Camiñando cansadiño na rúa de Beckhampton
Vin unha figura inclinada diante de min, á procura de colillas

Na esquina pasou un tipo corplulento cara ao ximnasio
A súa rutina das 5 da mañá,
E unha cervexa para o hóspede do hotel veciño
Á casa fun eu, canso pero satisfeito.

 

Co vento acabouse o xogo

Co vento acabouse o xogo ese sábado pola noite
A paleta que se levanta pola beira
Agarro ao cadro contra o cabalete
A equipaxe lixeira, móvese facilmente
Dez minutiños para botar as primeiras pinceladas
E logo a volta ao estudio
A lavar os pinceis, a preparar outras sesións
Outro dia será

A demolición de Cheltenham House

6a-cheltenham-house-1-compressed 6b-cheltenham-house-2

Como é que un edificio común e funcional se convirte en curiosidade e suxeito de fotógrafos, pintores, xornalistas e mil conversacións no momento da súa destrucción? Coma se fose velada de cadáver, cada quen ven presentar os sus respectos, animados polo cambio de ambiente. Despois, cando chegan os guindastres e maquinaria para crebar andares, sentimos aquel poder inmenso remodelando a paisaxe.

No Reino Unido de hoxe, estamos moi afortunadamente acostumados á paz, á continuidade, e somos moi respetuosos coa nosa historia. Polo tanto, a destrucción dun edificio séntese antinatural, porque demostra, de maneira tan brutal, que as cousas non sempre perduran. Recordaríanos, quizais, a nosa propia mortalidade? E onde irá tanto betón agora? Por moi feo que sexa, cada edificio é unha fonte de memorias, un punto de referencia na vidia cotiá. Quen sabe qué dramas aconteceron aí dentro no pasado, naqueles lugares de traballo e de encontro, nas salas de espera que xa non están. Nalgún tempo teremos outro edificio no seu lugar, outra cara máis aceptable para unha cidade renovada.

Pintar de noite

manchester-road-night-time

Foi unha muller saíndo da estación de autobuses de Swindon quen me preguntara por que pintaba fóra de noite. Despois dun cacho, respondínlle que me gustaban os contrastes de luz nestas horas, entre o amarelo e laranxa dos farois, e o negro máis oscuro do ceu. Máis tarde aínda, andaba pensando nas dificultades de traballar así, ca miña lámpada de mineiro na cabeza e o carriño de compras para levar o cabalete e outros materiais á casa. Hai pouca xente que pinta de noite, con razón, co inconvinte que é. Nembargantes, de vez en cando, poden emerxer algunhas ideas origixinais nesta liña de traballo, por iso sigo con ela cando podo. Agora que chega o inverno e a escuridade pecha o dia máis cedo, Swindon enchese de oportunidades pintorescas, cando a luz artificial de farois e tendas redefine a paisaxe de rúas e tellados tradicionais. Compre saír e tentar traducilo na pintura.